Posts

Showing posts from March, 2021

Reflexión 5ª

Image
Via Pixy. O centro Santa María la Blanca e o seu proxecto de Educación Básica Interactiva significa a inclusión total da vontade do alumno/a no senso en que está implicado de forma significativa no seu propio proceso de aprendizaxe. A concepción dos curriculum das materias como guías personalizadas que o aprendiz debe ir completando parecen unha alternativa óptima fronte aos currículum ríxidos e homoxéneos que non permiten unha aprendizaxe personalizada. No eido do Francés semella unha idea fantástica se pensamos no alumnado cuxa lingua materna é a francesa ou no alumnado alófono, que poderán avanzar na adquisición da lingua a ritmos diferentes.

Reflexión 4ª

Image
O Centro Padre Piquer e as súas aulas cooperativas multitarea parecen unha alternativa interesante á segregación do alumnado en grupos reducidos e á división do coñecemento en materias estanco que reciben en doses de 50 minutos. A colaboración entre docentes vese enriquecida exponencialmente con esta metodoloxía, así como a cooperación entre os propios aprendices, que aprenden a través da resolución de problemas utilizando as TIC. Esta forma de ensinar e aprender semellase á forma en que aprendemos na vida real e polo tanto supon unhas bases formativas sólidas e verosímiles para os discentes. No tocante ao Francés, penso que a inclusión das linguas nun mesmo ámbito pode resultar nunha experiencia moito máis fructífera para unha adquisición lingüística máis dinámica e efectiva.

Cinquième Arrêt - Quinta Parada

Image
Maintenant qu'on connaît la poésie de Tahar Ben Jelloun et Abdellatif Laâbi on va continuer à explorer le Maroc francophone et ses poètes. À travers cette carte vous pouvez cliquer sur six régions du pays voisin et écouter des extraits des poèmes de six auteurs marocains. Pour réussir le jeux vous devez identifier et écrire le nom de chaque poème, qui apparaîtra à la fin des audios. Vous avez deux essais, bon courage !! Agora que coñecemos a poesía de Tahar Ben Jelloun e  Abdellatif Laâbi vamos continuar explorando o Marrocos francófono e os seus poetas. A través deste mapa podedes clicar sobre seis rexións do país veciño e escoitar extractos de poemas de seis autores marroquines. Para gañar o xogo debedes identificar e e escribir o nome de cada poema, que aparecerá ao final dos audios. Tendes dous intentos, moita sorte!!

Quatrième Arrêt - Cuarta Parada

Image
Aujourdh'ui je vous propose ce jeu de mots cachés où vous réconnaîtrez douze pays dont la seule langue officielle c'est le français. Vous avez quatre precieux minutes, allez-y ! Hoxe propoñovos esta sopa de letras na que recoñeceredes doce paises cuxa única lingua oficial é o francés. Tedes catro preciosos minutos, adiante!