Reflexión 4ª


O Centro Padre Piquer e as súas aulas cooperativas multitarea parecen unha alternativa interesante á segregación do alumnado en grupos reducidos e á división do coñecemento en materias estanco que reciben en doses de 50 minutos. A colaboración entre docentes vese enriquecida exponencialmente con esta metodoloxía, así como a cooperación entre os propios aprendices, que aprenden a través da resolución de problemas utilizando as TIC. Esta forma de ensinar e aprender semellase á forma en que aprendemos na vida real e polo tanto supon unhas bases formativas sólidas e verosímiles para os discentes. No tocante ao Francés, penso que a inclusión das linguas nun mesmo ámbito pode resultar nunha experiencia moito máis fructífera para unha adquisición lingüística máis dinámica e efectiva.

Comments