Reflexión 5ª

Via Pixy.

O centro Santa María la Blanca e o seu proxecto de Educación Básica Interactiva significa a inclusión total da vontade do alumno/a no senso en que está implicado de forma significativa no seu propio proceso de aprendizaxe. A concepción dos curriculum das materias como guías personalizadas que o aprendiz debe ir completando parecen unha alternativa óptima fronte aos currículum ríxidos e homoxéneos que non permiten unha aprendizaxe personalizada. No eido do Francés semella unha idea fantástica se pensamos no alumnado cuxa lingua materna é a francesa ou no alumnado alófono, que poderán avanzar na adquisición da lingua a ritmos diferentes.

Comments