Posts

Reflexión 5ª

Image
Via Pixy. O centro Santa María la Blanca e o seu proxecto de Educación Básica Interactiva significa a inclusión total da vontade do alumno/a no senso en que está implicado de forma significativa no seu propio proceso de aprendizaxe. A concepción dos curriculum das materias como guías personalizadas que o aprendiz debe ir completando parecen unha alternativa óptima fronte aos currículum ríxidos e homoxéneos que non permiten unha aprendizaxe personalizada. No eido do Francés semella unha idea fantástica se pensamos no alumnado cuxa lingua materna é a francesa ou no alumnado alófono, que poderán avanzar na adquisición da lingua a ritmos diferentes.

Reflexión 4ª

Image
O Centro Padre Piquer e as súas aulas cooperativas multitarea parecen unha alternativa interesante á segregación do alumnado en grupos reducidos e á división do coñecemento en materias estanco que reciben en doses de 50 minutos. A colaboración entre docentes vese enriquecida exponencialmente con esta metodoloxía, así como a cooperación entre os propios aprendices, que aprenden a través da resolución de problemas utilizando as TIC. Esta forma de ensinar e aprender semellase á forma en que aprendemos na vida real e polo tanto supon unhas bases formativas sólidas e verosímiles para os discentes. No tocante ao Francés, penso que a inclusión das linguas nun mesmo ámbito pode resultar nunha experiencia moito máis fructífera para unha adquisición lingüística máis dinámica e efectiva.

Cinquième Arrêt - Quinta Parada

Image
Maintenant qu'on connaît la poésie de Tahar Ben Jelloun et Abdellatif Laâbi on va continuer à explorer le Maroc francophone et ses poètes. À travers cette carte vous pouvez cliquer sur six régions du pays voisin et écouter des extraits des poèmes de six auteurs marocains. Pour réussir le jeux vous devez identifier et écrire le nom de chaque poème, qui apparaîtra à la fin des audios. Vous avez deux essais, bon courage !! Agora que coñecemos a poesía de Tahar Ben Jelloun e  Abdellatif Laâbi vamos continuar explorando o Marrocos francófono e os seus poetas. A través deste mapa podedes clicar sobre seis rexións do país veciño e escoitar extractos de poemas de seis autores marroquines. Para gañar o xogo debedes identificar e e escribir o nome de cada poema, que aparecerá ao final dos audios. Tendes dous intentos, moita sorte!!

Quatrième Arrêt - Cuarta Parada

Image
Aujourdh'ui je vous propose ce jeu de mots cachés où vous réconnaîtrez douze pays dont la seule langue officielle c'est le français. Vous avez quatre precieux minutes, allez-y ! Hoxe propoñovos esta sopa de letras na que recoñeceredes doce paises cuxa única lingua oficial é o francés. Tedes catro preciosos minutos, adiante!

Reflexión 3ª

Image
O IES Miguel Catalán presenta un modelo inspiridor de centro escolar aberto e integrado na sociedade. Todo aprendiz está involucrado nun dos proxectos sociais de carácter humanitario-solidario, polo que todos poden atopar a súa voz e mesmo a súa vocación. A inclusión de ONGs pareceme unha idea brillante pois significa sensibilizar a xuventude da situación actual do mundo, facendo que participe para axudar a cambiala. No tocante ao aprendizaxe do Francés, semellaría adecuado entrar en contacto coa comunidade de francófonos da cidade e establecer grupos de conversa que fomenten a comunicación coa poboación estranxeira.

Reflexión 2ª

Image
 A Asociación de Centros de Enseñanza de Economía Social - ACES Cantabria levanos un paso máis alá na senda da cooperación nos centros escolares coa sociedade. Ao concebir o centro como unha empresa cooperativa o aprendiz experiencia a realización de actividades en beneficio da comunidade escolar e da sociedade e, no proceso, enriquecese. Os proxectos integrais que, como no caso de Amara Berri, involucran a totalidade da comunidade educativa-sociedade, xurden das iniciativas dos aprendentes, quen se encargan tamén da súa xestión e efectividade. No caso da ensinanza do Francés, a posta en contacto entre aprendices galegos da lingua como L2 e de aprendices franceses de Español como L2 a través da Web pode ser unha forma de establecer vinculos entre España e Francia.

Troisième Arrêt - Terceira Parada

Image
Voici  ma version du poème Dans cette maison ouverte de Tahar Ben Jelloun. Aqui está  a miña versión do poema Nesta casa aberta de Tahar Ben Jelloun. Cette fois je vous démande de lire le poème au même temps que vous l'écoutez.  Vous pouvez l'écouter autant de fois que vous voudriez pour vous familiariser avec les sons: Esta vez pidovos ler o poema a vez que o escoitades. Podedes escoitalo tantas veces como desexedes para sí familiarizarvos cos sons: Dans cette maison ouverte sur le ciel on a versé du lait dans les coins et éparpillé du sel dans les patios. Le chat dort sur le piano le lion aux yeux tendres mange l'agneau du sacrifice le serpent à sonnette danse dans la cour des fourmis vont à un enterrement un singe peint en bleu s'ennuie le citronnier manque d'eau les meubles se déplacent et forcent la porte un fleuriste s'évanouit une femme aux seins nus tire à l'arc pendant qu'une esclave noire égorge des coqs sur la terrasse. Le sang coule sur les...