Reflexión 3ª
O IES Miguel Catalán presenta un modelo inspiridor de centro escolar aberto e integrado na sociedade. Todo aprendiz está involucrado nun dos proxectos sociais de carácter humanitario-solidario, polo que todos poden atopar a súa voz e mesmo a súa vocación. A inclusión de ONGs pareceme unha idea brillante pois significa sensibilizar a xuventude da situación actual do mundo, facendo que participe para axudar a cambiala. No tocante ao aprendizaxe do Francés, semellaría adecuado entrar en contacto coa comunidade de francófonos da cidade e establecer grupos de conversa que fomenten a comunicación coa poboación estranxeira.
Comments
Post a Comment