Reflexionando sobre Innovación


Via Pexels.

Innovar é afrontarse a unha realidade insatisfactoria e atreverse a mellorala. Innovar é buscar a solución a unha situación inxusta porque estamos inconformes con ela. Innovador é o docente que, apaixonado polo seu traballo e os seu alumnado, quere abrir novas ventás nas aulas. Innovador é o docente que consegue involucrar a outros para lograr un obxectivo común e enriquecer a comunidade educativa. Innovación é inconformismo, curiosidade, ilusión e revolución.

Comments