Reflexión 1ª




O Sistema Amara Berri semella o modelo de educación óptimo para o século XXI. Unha rede de centros escolares que deciden educar en sintonía, cooperando, significa un rexeitamento ao illamento no que se atopan a meirande parte dos centros educativos públicos que coñezo. Esta concepción da ensinanza sitúa, asimesmo, ao aprendiz no centro do proceso de ensinanza-aprendizaxe, xa que é él/ela quen decide en qué tema invertir o seu tempo e esforzo nun exercicio de investigación: aprende a aprender para ser capaz de seguir adquirindo coñecemento alén da escola. 

Comments